
Un territorio de gran beleza escénica
Os espectaculares canóns e vales fluviais sustentan e singularizan a paisaxe da auga da Ribeira Sacra. Os profundos, espectaculares e sucesivos anllos son o seu emblema.
Candidatura á Listaxe do Patrimonio Mundial
Ribeira Sacra é a historia viva da relación entre a auga e o ser humano que, grazas ao seu enxeño, esculpiu unha paisaxe de auga ao longo de máis de 1.500 anos de ocupación continuada.
Ver Documental
Ribeiraos e ribeirás Personas, ideas e lugares Da Ribeira Sacra
Unha ducia de persoas vinculadas cos seis atributos que caracterizan a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
Ver Ribeiraos
Este documento presenta a candidatura da Ribeira Sacra Paisaxe da Auga á Listaxe do Patrimonio Mundial.

A publicación “Somos Patrimonio” sintetiza o proceso de participación da poboación local na candidatura a través do Consello de Parroquias.

Este documento presenta a candidatura da Ribeira Sacra Paisaxe da Auga á Listaxe do Patrimonio Mundial.

Ribeira Sacra conta desde 2018 cunha declaración de ben de interese cultural dentro da categoría de paisaxe cultural.


O encontro internacional en 2024 fai alusión ás máis de 900 fontes de auga que manan ao longo de todo o territorio da Ribeira Sacra
Provincias de Lugo e Ourense. Galicia, España.
Coordenadas de Os Peares, punto de confluencia dos ríos Sil e Miño.
(WGS 84) N 42° 27’ 14’’ / W 7° 43’ 50’’
(ETRS 89) Zona UTM 29N: 604352 / 4700981





Acolle os canóns fluviais dos ríos Miño e Sil entre Santa María de Pesqueiras, ao oeste, e San Clodio de Ribas de Sil, ao leste.
Trazado das 72 parroquias que representan as unidades territoriais comunitarias configuradas desde o medievo.
Ser un exemplo destacado de formas tradicionais de asentamento humano ou de utilización da terra ou do mar, representativas dunha cultura (ou de varias culturas), ou de interacción do home coa contorna, sobre todo cando este se volveu vulnerable debido ao impacto provocado polos cambios irreversibles.
O ben proposto amosa unha excepcional paisaxe cultural da auga encaixada entre os espectaculares canóns fluviais situados na confluencia dos ríos Sil e Miño (Galicia, España), na fachada atlántica da Iberia húmida, coñecida popularmente como Ribeira Sacra.
Constitúe unha paisaxe épica articulada pola cultura e o patrimonio da auga, sustentada nos seus innumerables regueiros, regatos e ríos que definen a súa identidade, beleza, composición e singulares patróns de asentamento. Ilustra a xénese e evolução dun territorio esculpido pola auga e paradigma dunha cultura hídrica, na que se recoñecen vividamente as pegadas que marcaron a súa construción ao longo de máis de mil cincocentos anos de ocupación continuada, e que ten a súa xénese na antiga tradición eremítica e monástica arraigada neste espazo.
A cultura da auga nestes lugares se reflexa nun patrimonio hídrico excepcional que inclúe sitios arqueolóxicos, os enxeños asociados á auga de tódalas épocas, incluíndo un importante patrimonio industrial hidráulico, os singulares sistemas de drenaxe dos socalcos ou terrazas de cultivo, ademais doutras múltiples manifestacións vernáculas en forma de fontes sacralizadas e minas, canles, represas, pasos e pontes, rutas fluviais e outras obras singulares asociadas coa auga.
O poder da auga constitúe unha parte fundamental do relato da paisaxe cultural. No ámbito do ben proposto desprégase un excepcional catálogo de elementos patrimoniais de aproveitamentos hidráulicos que aportan a testemuña continua da autosuficiencia enerxética de cada época, incluíndo desde muíños de auga tradicionais de diferentes séculos, cuxas obras perduran no ámbito do ben en número e densidade excepcionais, seguindo coas minicentrais ou fábricas da luz que emerxen a finais do século XIX, ata chegar aos embalses hidroeléctricos de mediados do século XX.

Os espectaculares canóns e vales fluviais sustentan e singularizan a paisaxe da auga da Ribeira Sacra. Os profundos, espectaculares e sucesivos anllos son o seu emblema.

Un inmenso repertorio de obras que aproveitan o poder da auga, desde as humildes fontes de beber e os innumerables muíños de auga tradicionais ata as obras de enxeñería dos saltos hidroeléctricos do século XX.

A pervivencia dos sistemas tradicionais de cultivo nas vertentes escarpadas dos canóns fluviais sustentada en técnicas milenarias.

A presencia eremítica e monástica forxou boa parte dos trazos distintivos e funcionais da paisaxe cultural da auga.

Unha paisaxe de milleiros de minúsculos predios xerados por fórmulas ancestrais de propiedade e xestión da terra, adaptados a un abrupto territorio.

O singular capital biocultural dunha paisaxe cultural viva e o patrimonio inmaterial asociado á cultura da auga.
Hai 100 anos
En 1925, Ruth Matilda Anderson retratou a Ribeira Sacra nunha serie de fotografías históricas que amosan Santo Estevo de Ribas de Sil, Belesar e a finca da Cortezada. Imaxes cedidas por The Hispanic Society of America.
Ver fotografías