Actualidade

  • Homenaxe a Cipriano Marín Cabrera

    Homenaxe a Cipriano Marín Cabrera

    Xornada 18 abril

    A candidatura da Ribeira Sacra Paisaxe da Auga á Listaxe do Patrimonio Mundial encara a súa recta final despois de dez anos de estudos, traballos e xestión. Velaquí unha Paisaxe Viva, de valor extraordinario, que cada día manteñen e acrecentan os veciños e veciñas da contorna. Do proceso de construción do expediente, da fase na que andamos e do camiño que nos queda ata vernos en Busán, Corea, en xullo de 2026, trata esta xornada, na que rendemos homenaxe a Cipriano Marín Cabrera, relator da candidatura.