Atributos
-
Patrimonio inmaterial asociado á auga
O singular capital biocultural dunha paisaxe cultural viva e o patrimonio inmaterial asociado á cultura da auga.
-
Formas ancestrais de ocupar o territorio
Unha paisaxe de milleiros de minúsculos predios xerados por fórmulas ancestrais de propiedade e xestión da terra, adaptados a un abrupto territorio.
-
A pegada eremítica e monástica
A presencia eremítica e monástica forxou boa parte dos trazos distintivos e funcionais da paisaxe cultural da auga.
-
Obra épica de colonización humana
A pervivencia dos sistemas tradicionais de cultivo nas vertentes escarpadas dos canóns fluviais sustentada en técnicas milenarias.
-
Denso e variado patrimonio hidráulico
Un inmenso repertorio de obras que aproveitan o poder da auga, desde as humildes fontes de beber e os innumerables muíños de auga tradicionais ata as obras de enxeñería dos saltos hidroeléctricos do século XX.
-
Un territorio de gran beleza escénica
Os espectaculares canóns e vales fluviais sustentan e singularizan a paisaxe da auga da Ribeira Sacra. Os profundos, espectaculares e sucesivos anllos son o seu emblema.






