Un excepcional, denso e diverso patrimonio hidráulico que se manifesta no extenso catálogo de solucións de aproveitamentos enerxéticos desde a Idade Media ata mediados do século XX, e constitúe un auténtico catálogo da historia da enerxía hidráulica, expoñentes da revolución tecnolóxica medieval e da irrupción da hidroelectricidade.
O seus elementos destacados son os centenares de vestixios de muíños de auga que se despregaron entre o século XI e o XIX, as primeiras minicentrais que marcan a emerxencia da hidroelectricidade a finais do século XIX, os saltos hidroeléctricos que ilustran os logros da enxeñería na primeira metade do século XX, e o inmenso repertorio de pequenas obras creadas ao longo e ancho da paisaxe cultural.