Os nomes dos ríos principais da Ribeira Sacra proveñen de raíces paleoeuropeas que significan auga. Tal é a esencia desta terra húmida, empapada tamén no inmaterial do espírito da auga, que perdura nos feitizos das mouras que gardan as súas fontes; nos tesouros ardentes, que sempre acabarán mergullados no río; no amor das súas xentes polas xacias, que moran nos pozos profundos dos ríos; naquelas armas ofrendadas ao Sil, naquela «relixión das fontes»; ou nas divinas augas que perseguía Martiño de Dumio fundador das primeiras comunidades monásticas desta Ribeira.
A vendima fluvial, as numerosas festas e tradicións, a sacralización de fontes e a pervivencia de multitude de hidrónimos únicos.