Candidatura á Listaxe do Patrimonio Mundial
Ribeira Sacra Paisaxe da Agua
Ribeira Sacra é a historia viva da relación entre a auga e o ser humano que gracias ao seu enxeño esculpiu unha paisaxe de auga ó longo de máis de 1.500 anos de ocupación continuada.

Resumen executivo
Este documento presenta a candidatura da Ribeira Sacra Paisaxe da Auga á Listaxe do Patrimonio Mundial.

Somos patrimonio
A publicación “Somos Patrimonio” sintetiza o proceso de participación da poboación local na candidatura a través do Consello de Parroquias.

Formulario de inscrición
Este documento presenta a candidatura da Ribeira Sacra Paisaxe da Auga á Listaxe do Patrimonio Mundial.

Ben de Interese Cultural (BIC)
Ribeira Sacra conta desde 2018 cunha declaración de ben de interese cultural dentro da categoría de paisaxe cultural.

Waterscapes
O encontro internacional de expertos celebrado entre o 6 e 8 de novembro de 2023 na Ribeira Sacra concluíu coa declaración sobre as paisaxes culturais da auga.

Fontes
O encontro internacional en 2024 fai alusión ás máis de 900 fontes de auga que manan ao longo de todo o territorio da Ribeira Sacra
Localización
Provincias de Lugo e Ourense. Galicia, España.
Coordenadas de Os Peares, punto de confluencia dos ríos Sil e Miño.
(WGS 84) N 42° 27’ 14’’ / W 7° 43’ 50’’
(ETRS 89) Zona UTM 29N: 604352 / 4700981




Límite do ben
O límite do ben discorre polos bordes superiores dos vales encaixados dos ríos Sil e Miño nos tramos próximos á unión de ambos. O seu límite defínese sobre o terreo no que se denomina localmente como bocarribeira, que é o lugar onde cambia abruptamente a pendente, pasando de valores superiores ao 30% (ribeiras), a valores inferiores ao 10% (chairas).

Ben proposto
16.471 ha
Acolle os canóns fluviais dos ríos Miño e Sil entre Santa María de Pesqueiras, ao oeste, e San Clodio de Ribas de Sil, ao leste.
Zona de amortecemento
31.979 ha
Trazado das 72 parroquias que representan as unidades territoriais comunitarias configuradas desde o medievo.
Criterio
Segundo os criterios da UNESCO, preséntase baixo o criterio (v)
Ser un exemplo destacado de formas tradicionais de asentamento humano ou de utilización da terra ou do mar, representativas dunha cultura (ou de varias culturas), ou de interacción do home coa contorna, sobre todo cando este se volveu vulnerable debido ao impacto provocado polos cambios irreversibles.
Valor Universal Excepcional (VUE)
O ben proposto amosa unha excepcional paisaxe cultural da auga encaixada entre os espectaculares canóns fluviais situados na confluencia dos ríos Sil e Miño (Galicia, España), na fachada atlántica da Iberia húmida, coñecida popularmente como Ribeira Sacra.
Constitúe unha paisaxe épica articulada pola cultura e o patrimonio da auga, sustentada nos seus innumerables regueiros, regatos e ríos que definen a súa identidade, beleza, composición e singulares patróns de asentamento. Ilustra a xénese e evolución dun territorio esculpido pola auga e paradigma dunha cultura hídrica, na que se recoñecen vividamente as pegadas que marcaron a súa construción ao longo de máis de mil cincocentos anos de ocupación continuada, e que ten a súa xénese na antiga tradición eremítica e monástica arraigada neste espazo.
A cultura da auga nestes lugares se reflexa nun patrimonio hídrico excepcional que inclúe sitios arqueolóxicos, os enxeños asociados á auga de tódalas épocas, incluíndo un importante patrimonio industrial hidráulico, os singulares sistemas de drenaxe dos socalcos ou terrazas de cultivo, ademais doutras múltiples manifestacións vernáculas en forma de fontes sacralizadas e minas, canles, represas, pasos e pontes, rutas fluviais e outras obras singulares asociadas coa auga.
O poder da auga constitúe unha parte fundamental do relato da paisaxe cultural. No ámbito do ben proposto desprégase un excepcional catálogo de elementos patrimoniais de aproveitamentos hidráulicos que aportan a testemuña continua da autosuficiencia enerxética de cada época, incluíndo desde muíños de auga tradicionais de diferentes séculos, cuxas obras perduran no ámbito do ben en número e densidade excepcionais, seguindo coas minicentrais ou fábricas da luz que emerxen a finais do século XIX, ata chegar aos embalses hidroeléctricos de mediados do século XX.
En definitiva, Ribeira Sacra presenta unha paisaxe cultural na que se pode ler a historia da marabillosa relación entre a auga, o ser humano e o seu enxeño, non só para asegurar a súa supervivencia e benestar, senón tamén para aproveitar ao máximo todos os seus posibles usos.
Atributos
-
Patrimonio inmaterial asociado á auga
O singular capital biocultural dunha paisaxe cultural viva e o patrimonio inmaterial asociado á cultura da auga.
-
Formas ancestrais de ocupar o territorio
Unha paisaxe de milleiros de minúsculos predios xerados por fórmulas ancestrais de propiedade e xestión da terra, adaptados a un abrupto territorio.
-
A pegada eremítica e monástica
A presencia eremítica e monástica forxou boa parte dos trazos distintivos e funcionais da paisaxe cultural da auga.
-
Obra épica de colonización humana
A pervivencia dos sistemas tradicionais de cultivo nas vertentes escarpadas dos canóns fluviais sustentada en técnicas milenarias.
-
Denso e variado patrimonio hidráulico
Un inmenso repertorio de obras que aproveitan o poder da auga, desde as humildes fontes de beber e os innumerables muíños de auga tradicionais ata as obras de enxeñería dos saltos hidroeléctricos do século XX.
-
Un territorio de gran beleza escénica
Os espectaculares canóns e vales fluviais sustentan e singularizan a paisaxe da auga da Ribeira Sacra. Os profundos, espectaculares e sucesivos anllos son o seu emblema.
Hai 100 anos
Ruth Matilda Anderson na Ribeira Sacra
En 1925, Ruth Matilda Anderson retratou a Ribeira Sacra nunha serie de fotografías históricas que amosan Santo Estevo de Ribas de Sil, Belesar e a finca da Cortezada. Imaxes cedidas por The Hispanic Society of America.







