A pegada eremítica e monástica

A presencia eremítica e monástica forxou boa parte dos trazos distintivos e funcionais da paisaxe cultural da auga.

1_santo_estevo-1.webp
Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil © R. Vilanova
chouzan.webp
Santo Estevo de Chouzán © R. Vilanova
cotillon.webp
Igrexa hipoxea de Santa María de Cotillón © R. Vilanova
san_vitor.webp
Necrópole de San Vítor de Barxacova © R. Vilanova

A relación harmónica entre a auga e a terra, entre o espazo cultivado e o espazo construído é unha herdanza das comunidades relixiosas. A pegada do papel dos mosteiros na xénese da cultura hidráulica do territorio relaciónase cos aforamentos de terras e muíños de auga a través da historia.

Os eremitorios e o bosque de igrexas e mosteiros ilustran unha etapa esencial do proceso evolutivo da paisaxe cultural da auga. Algunhas igrexas afastáronse da orientación canónica leste-oeste, para situarse como balcóns sobre os ríos, a medio camiño entre a auga e o ceo.

83 mosteiros documentados no conxunto dos 22 concellos que aportan territorio ao Ben de Interese Cultural

Gráfico de la sección