Obra épica de colonización humana

A pervivencia dos sistemas tradicionais de cultivo nas vertentes escarpadas dos canóns fluviais sustentada en técnicas milenarias.

bodegas_ronsel.webp
Vendima ás beiras do río Sil © D. Estevez
cortezada.webp
Finca Cortezada © R. Vilanova
san_fiz.webp
Ladeira aterrazada do Miño en San Fiz de Belesar © R. Vilanova
souto_chao.webp
Empinada vertente de Souto Chao © R. Vilanova

Socalcos, sucalcos, muras, paredes, muros, paredós, calzadas, son todos eles nomes que reciben as terrazas de cultivo, un trazo característico e singular da Ribeira Sacra e, sobre todo, un enxeño da alta eficiência hídrica e edáfica.

Os socalcos, o espectacular abancalamento do cultivo agrícola en pendentes extremadamente abruptas, son unha obra épica de colonización humana.

Esta é unha terra que desde a Idade Media se especializa en viticultura, sen obviar a importancia doutros cultivos como a castaña ou a cereixa. A natureza singular, a pegada monástica e as comunidades campesiñas construíron esta paisaxe, viva e funcional ata o presente.

2.494 ha de socalcos

1.177 habitantes

Gráfico de la sección