Un territorio de gran beleza escénica

Os espectaculares canóns e vales fluviais sustentan e singularizan a paisaxe da auga da Ribeira Sacra. Os profundos, espectaculares e sucesivos anllos son o seu emblema.

1_cabo.webp
Meandro do Cabo do Mundo © R. Vilanova
auga.webp
Fervenza de Augacaída © R. Vilanova
cubela.webp
Meandro da Cubela © R. Vilanova
vilouxe.webp
Meandro no río Sil desde o miradoiro de Vilouxe © R. Vilanova

A unión dos ríos Miño e Sil e de centos de fíos de auga conforma un territorio de altos canóns e vales fluviais profundos, por onde a auga discorre entre abruptas pendentes.

A franxa de terreo que desde o altiplano se asoma ás escarpadas vertentes é coñecida como bocarribeira. As bocarribeiras do Miño e do Sil na Ribeira Sacra son asento de numerosas aldeas que outean o fondo do val.

A pesar da aparente naturalidade e illamento, trátase dun espazo fluvial intensa e longamente intervido, onde cada metro de terra dispoñible foi adaptado ás necesidades da vida humana. A natureza, o xénero humano, as súas crenzas, anhelos e sentido de supervivencia crearon nestes paraxes unha das sinfonías máis fermosas a partir da auga.

Pendentes que chegan ata 85°

486 ríos

Gráfico de la sección